Pixamas: confort e estilo para este inverno
Aínda que tardou bastante en facer acto de presenza, parece que agora si, o outono chegou para quedarse, xusto cando xa case nos afixemos á manga curta indefinida. Pero non hai mal que por ben non veña. E é que o frío e a choiva tamén teñen as súas cousas boas. Que levante a man quen estaba pedindo a berros unha boa sesión de manta, peli e sofá. Hoxe no blog de As Cancelas traémosche as últimas tendencias de pixamas e homewear para que goces ao máximo deses momentos invernais caseiros.
De estilo romántico, masculino, en tecidos suaves, moi quentiños, con estampados orixinais… Hai opcións para todos os gustos, pero todas co mesmo obxectivo: estar cómodo na casa, pero sen perder unha pizca de estilo. Toma nota!