Os meus favoritos de Flormar

Publicado o 20 de Outubro de 2015

Fai case tres anos que coñezo e uso produtos da marca cosmética nada en Italia na década dos setenta, Flormar e cada día gústame máis o que ofrece; unha gama moi variada de tons e produtos e unha excelente relación calidade/prezo.

Flormar adoita apostar por formatos moi prácticos e de sinxela aplicación, idóneos para quen como eu non somos maquilladores profesionais pero aspiramos a conseguir un resultado que o pareza.

Productos Flormar

Os meus favoritos de Flormar

No post de hoxe quero mostrarvos algúns os meus produtos favoritos da firma, todos testados por min en infinidade de ocasións!

-Os pos bronceadores GOLD DUO achegan luminosidade e brillo á nosa tez, o ton máis claro axúdanos a resaltar pómulos e o máis escuro permítenos contornear e perfilar a tempa e a mandíbula.

-O delineador DIPLINER esta pensado para intensificar e enmarcar a nosa mirada, con el conseguiremos reforzar a nosa expresividade.

– Este pintalabios mate TWIST UP LIPSTICK gústame especialmente porque se adapta á forma dos nosos beizos, resulta sinxelo perfilalos e enchelos en dous sinxelos pasos e cun único produto e, o máis importante, dura intacto 6/7 horas. Levo o ton cranberry.

-Pero o meu auténtico descubrimento, é este rimel ROTATION VOLUME MASCARA, con sistema de rotación a pilas que curva e alarga as pestanas ata límites insospeitados (vale estou a esaxerar un pouco), en fin que se nota a diferenza asegúrovolo. Iso si, a pila adóitase acabar antes que o contido, nese caso podemos optar por cambiar a pila ou seguir empregándoo como un rimel convencional.

Se vos animades a probalos xa me diredes cales son as vosas sensacións!

Levo pendentes de Parfois, Top de H&M e aneis de Stradivarius

Un abrazo.

Flormar imprescindibles

Flormar productoFlormar maquillajeFlormar compras

Deixa unha resposta
O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *.