Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Os imprescindibles para os teus festivais de música

Pensar en verán é pensar en vacacións, en praia, en amigos, en piscina, en familia, en sol, e cada vez máis, en festivais de música. Nos últimos anos, estas citas musicais multiplicáronse por todo o territorio nacional, congregando a miles de persoas en cada unha con ganas de pasalo ben, e consolidándose como unha alternativa das vacacións que cada vez ten máis adeptos.

FIB, PortAmérica, Arenal Sound, Festival da Luz, Sonorama, Festival Internacinal do Mundo Celta, Sinsal… Hai opcións para todos os gustos, pero todos teñen algo en común: moita música, mellor ambiente e infinitas ganas de gozar. Hoxe no blog de As Cancelas, facemos un repaso de todo o que non debes esquecer se este verán vas de festival.

Seguramente leves contando os días desde o final da pasada edición, pero é importante que os nervios de última hora non che fagan deixar en casa algúns dos imprescindibles para sobrevir a un festival. Bota unha ollada a nosa lista e comproba que non se che esquece nada. Comezamos!

O abono é o primeiro que debes meter na maleta. Parece demasiado obvio, pero imaxínate o drama de chegar ao teu destino e darte de conta de que as túas entradas quedáronseche na casa. Gárdao nun portadocumentos xunto a teu DNI, tarxeta sanitaria, tarxeta bancaria, carnet de conducir e demais documentación que pode ser necesaria.

Asegúrate de levar a tope de batería o teu smartphone, ademais de cargador e batería portátil. Serache de gran axuda se che toca durmir  en tenda de campaña, xa que os poucos enchufes que poidas atopar na zona de acampada estarán moi solicitados. Para optimizar enerxía, apaga o teu móbil mentres dormes e busca toda a información que che poida ser útil antes de iniciar a viaxe, como números de teléfono de interese da zona, o supermercado máis próximo, a localización da túa entidade bancaria, horarios de transporte…

Protector solar formato bruma Delial (Arenal Perfumerías), Chuvasqueiro longo chica (Pull&Bear), Lentes de sol Ray Ban Clubmaster (Óptica Val), Sombreiro palla (Zara Man).

Cárgate de opcións para facer fronte a calquera tipo de meteoroloxía. Un chuvasqueiro para que ningún ballón arruíne os teus concertos preferidos, e un pack básico para protexerse do sol: gafas, sombreiro e crema solar. Non escatimes á hora de poñer protector solar, máis vale previr que pasar todo o festival sufrindo coa pel en ton Rodolfo lagostino.

Se queres gozar dun plácido descanso, non te esqueces do kit básico para deixarte caer nos brazos de Morfeo: tapóns para os oídos, anteface, e un coxín ou almofada.  E é que conciliar o sono pode resultar complicado co corpo a tope de adrenalina e o alboroto dos arredores, nada que non poidan arranxar uns bos tapóns que che illarán do mundo exterior. Se prefires descansar durante o día, o anteface converterase no teu fiel aliado cando o sol se atope no seu máximo esplendor.

Neceser brackets (Pull&Bear), Almofada viaxe (Casa Shop), Anteface seda (Zara Home), Compeed ampollas mixto (Arenal Perfumerías), Espello de man (Casa Shop).

Levar un kit de emerxencias básico pódeche salvar a vida en máis de unha ocasión. Evita que unha dor de cabeza, unha ampola nun pé ou un pequeno corte che fagan perder o tempo de goce durante o festival. Faite cun pequeno neceser e engádelle gasas, analxésicos, apósitos hidrocoloides para curar ampolas, toalliñas húmidas, colirio para os ollos ( se empregas lentes de contacto agradeceralo), e todo o que se che ocorra.

Ademais da tarxeta bancaria, recomendámosche que leves unha parte do teu presuposto para o festival en efectivo. Necesitaralo para facer fronte aos pequenos gastos como mercar un bocadillo, tomar un refresco, coller un taxi…. E como o resto de cousas de valor, pono a bo recado nunha mochila pequena ou alxibeira, que che permitirá ter as túas posesións controladas sen temor a perdelas ou a sufrir un roubo, mentres che quedan as mans libres para aplaudir, bailar, comer ou o que queiras.

Suadoiro muller (Bershka), Cámara Fujifilm Instax Mini 8 (Natura), Mochila lona (Pull&Bear), Sandalias (Primark), traxe de baño home (Zara).

Sempre pode xurdir a opción de refrescarse, ben sexa nunha praia, un río ou unha piscina. Así que non debes esquecer meter na maleta o traxe de baño, as sandalias e a toalla. E para completar a equipaxe, unha cazadora por se refresca, unhas zapatillas deportivas cómodas, e unha cámara de fotos para gardar todos e cada uno dos recordos desta fantástica experiencia.

Con todo listo, só queda unha cousa por facer, gozar!