Os imprescindibles de moda baño para ela
Coas novas coleccións de moda baño acabadas de sair do forno, toca ir pensando a que equipo nos uniremos este ano para lucir tipo en praias e piscinas. Bikini ou traxe de baño? Traxe de baño ou bikini? Fai uns anos a resposta sería unánime para a maioría, e é que o bikini reinaba verán tras verán nos nosos armarios, pero desde fai un tempo o traxe de baño converteuse nunha sólida competencia. Atrás quedaron os días nos que só o utilizabamos para practicar natación ou ir de spa, para dar paso a unha nova tendencia que arrasa por onde pasa.
Aínda que os bikinis deixan menos marcas, os traxes de baño son máis cómodos, pero porqué quedarse cunha opción podendo ter un de cada? Hoxe no blog de As Cancelas deixámosche unha selección dos nosos favoritos que poderás atopar nas tendas do centro comercial. Con cales quedas?