Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Apúntaste á moda sostible?

Fai tan só uns días todos os medios de comunicación recollían a aposta de Zara pola moda sostible, tras o lanzamento dunha nova colección respectuosa co medio ambiente. Conscientes das preocupacións medioambientais dos consumidores, cada vez son máis os operadores de moda que se suman a esta tendencia que aplica criterios sostibles a toda a cadea de produción téxtil. Hoxe no blog de As Cancelas analizamos a nova colección eco-friendly de Zara e as iniciativas de moda sostible doutras marcas low cost. Be green my friend!

joinlife1

Dentro da estratexia de sostibilidade do buque insignia do grupo Inditex nace Join Life, unha colección de moda feminina con siluetas limpas e unha paleta de cores inspirada en tons minerais, realizada con materiais como o algodón orgánico, la reciclada e Tencel, unha fibra de madeira procedente de bosques xestionados de forma sostible que garante a súa reforestación e que reduce o impacto medioambiental.

sostenibility-editorial-7-st

A colección, que se define como unha fusión entre estilo masculino e feminino, garante uns procedementos medioambientais e sociais excepcionais na elaboración dos artigos coa denominación Zara Join Life, así como o uso das mellores técnicas dispoñibles e as materias primas máis sostibles.

joinlife2

Dentro da etiqueta Join Life, Zara tamén está a desenvolver un programa de recolleita de roupa nunha selección da súa rede de tendas, entre a que se atopa Zara As Cancelas. A roupa que xa non utilizas pode ter unha segunda vida se a depositas nos contedores que teñen habilitados nas tendas para a súa recolleita, desde os que se doa directamente a organizacións como Cáritas, Cruz Vermella e Oxfam, onde separan e clasifican cada unha das pezas para darlle o destino máis adecuado.

es-collection-program-2

Pero a multinacional galega non é a única marca concienciada coa sostibilidade, se non que cada vez son máis as empresas que toman conciencia sobre a produción innecesaria de residuos e a creación de produtos máis ecolóxicos e agradables para o medio ambiente, como H&M. O xigante sueco da moda uniuse á corrente sostible en 2011 co lanzamento de Conscious Collection, unha liña formada por pezas realizadas con materiais respectuosos co medio ambiente, libres de produtos químicos e confeccionadas de xeito ético.

aprb1-16-tl-conscious-exclusive-hm-story

O algodón e o liño orgánicos, cultivados sen o uso de sustancias químicas nocivas; o poliéster reciclado, elaborado a partir de botellas pet ou desfeitos de tecidos; ou o Tencel, un tecido sedoso e renovable realizado cun impacto medioambiental mínimo, son só algúns dos materiais utilizados para a fabricación desta colección. Para o resto de liñas, H&M utiliza un 14% de algodón orgánico, converténdose así segundo a ONG Textile Exchange nun dos maiores consumidores de algodón orgánico a nivel mundial.

hm-presents-the-2016-conscious-exclusive-collection

Ademais de ser unha das marcas pioneiras do mundo en moda sostible, H&M foi a primeira empresa de moda en introducir unha iniciativa mundial de recolleita de roupa para a súa recíclaxe en 2013, que a día de hoxe recolleu máis de 32.000 toneladas de roupa usada para darlle unha nova vida, vendendo de segunda man a de mellores condicións, convertendo noutros produtos a que non serve para reutilizar, e reciclando os tecidos que están en peor estado. O seguinte vídeo explica dunha forma moi sinxela o camiño que seguen as pezas depositadas nos contedores das súas tendas.

https://www.youtube.com/watch?v=41htZRvz9Gg

Doutra banda está C&A, outro dos xigantes do téxtil que leva anos esforzándose por ser unha marca máis sostible, e é que é unha das poucas da industria que creou unha liña completa de algodón orgánico, ‘Bio Cotton’, que xera ata un 80 % menos de contaminación da auga en comparación co algodón corrente. Composta por todo tipo de pezas, desde pantalóns, camisetas, xerseis ou saias, ata cazadoras e roupa interior, está dispoñible para home, muller e neno.

7

Separadamente das vantaxes medioambientais que reporta a fabricación de coleccións con algodón orgánico, as pezas realizadas con este material tamén aportan beneficios ao propio consumidor, xa que o algodón orgánico coida máis a pel que outros materiais máis sintéticos, algo que preocupa moito aos pais dos pequenos da casa, cuxa pel é moi sensible nos seus primeiros anos de vida.

es_kw36_biocotton

A tendencia de integrar as preocupacións medioambientais dos consumidores nos procesos de produción cobra maior importancia para os principais actores da industria da moda, pero ti tamén es moi importante para contribuír a pechar o ciclo de vida das túas pezas de roupa, apúntaste á moda sostible?