A moda baño deste verán en 6 tendencias

Publicado o 22 de Xuño de 2017

Aínda que pola meteoroloxía parece que comezou fai algunhas semanas, acabamos de estrear a estación máis calorosa do ano, polo que chega o momento de poñerse ao día nas tendencias de moda de baño que reinarán en praias e piscinas durante os próximos meses. Hoxe no blog de As Canelas traémosvos o último en traxe de baño e bikinis para que presumades baixo os raios do sol, e unha pequena sorpresa en forma de sorteo!

Como cada ano, as tendencias en baño inspíranse na moda de pasarela, que esta tempada preséntanse cun aire máis renovado que nunca. Os volantes, o estilo retro, os cadros vichy ou o estampado tropical invaden as tendas, acompañados dun gran protagonista que volve a nosas vidas tras permanecer anos desterrado no fondo do armario: o traxe de baño. E ti, de que equipo es? Team bikini ou team traxe de baño? Se non o tes claro, mellor un de cada!

Un dos estampados máis clásicos, inspirado nos míticos manteis de picnic, é outro dos reis indiscutibles da tempada estival. Falamos do cadro vichy, que en calquera dos tamaños, dará un toque naif as túas prendas de baño.

Pero tamén hai espazo para reminiscencias da década dos cincuenta nas braguiñas de talle alto, combinadas cunha parte de arriba baneau. Se buscas un bikini do máis feminino, apóstao todo ao estilo retro.

Aínda que se o que queres é un acerto seguro, o estampado de raias mariñeiras é o teu aliado. Nunca falla e sempre é benvido en bikinis e traxe de baños, e en calquera das súas variables: máis anchas, máis estreitas, versión clásica, versión moderna…

Pero o título de estampado do verán lévano as palmeiras e flores que compoñen ano tras ano o print tropical, unha solución moi vistosa que asociase con facilidade á praia, o sol e o verán, e que cada tempada reinvéntanse en diferentes cores.

Para terminar a nosa listaxe de tendencias de moda baño 2017, non podíamos esquecernos dos traxe de baño con mensaxe. Levalo personalizado ou cunha mensaxe serigrafiado é a tenencia indiscutible do verán, por iso, sorteamos dous traxe de baño personalizables de Calzedonia!

Gustaríache conseguir un e personalizalo con algún dos divertidos mensaxes que propón a marca de baño italiana? Tan só tes que:

O prazo de participación finaliza o martes 27 de xuño ás 23:59h. Podes consultar as bases do sorteo aquí.

Moita sorte!