LBD Benetton.
Se dispoñedes de pouco tempo e non queredes complicarvos elixindo vestimenta para vosas comidas e ceas do Nadal, recorrede ao simple e clásico. Dous conceptos que quero ilustrar con este look. O combo branco e negro sempre, sempre funciona. O LBD, vestido negro curto, é un imprescindible, unha desas pezas atemporales que en distintas versións deben ocupar un espazo privilexiado no noso armario. Este vestido en concreto, acolchado e con remate de coiro, sentaravos especialmente ben se a cintura é un dos vosos puntos forte, tamén vos axudará a restar volume na cadeira e resaltará os vosos ombreiros.
O estampado de pata de galo do abrigo, todo un clásico que volve ser tendencia esta tempada, achega volume e profundidade ao conxunto, e tamén moita personalidade. Para darlle un toque masculino a este look tan lady optei por un abrigo dúas tallas máis grande. Os complementos que elixín tamén son moi discretos, salvo pola intensa cor burdeos do bolso. De feito, o colar de pedrería case se camufla co vestido, chegando a parecer un adorno do mesmo.
Espero que vos gustara! un abrazo.
Roupa e accesorios: Benetton / Botas: Zara