Inspiración deco para este Nadal
Cun pé xa no mes de decembro, e no seu defecto no esperado Nadal, toca comezar a pensar en ambientar o noso fogar acorde á época que vén. Poñer a árbore, decorar a casa, montar o nacemento, preparar o calendario de advento…chega o momento de renderse ante a decoración de Nadal, por iso, hoxe no blog de As Cancelas dámosvos un pouco de inspiración para que Papá Noel e as súas maxestades os Reis Magos de Oriente se sintan como na casa cando veñan deixar os agasallos.
(Imaxe: Espacio Hogar).
Do mesmo xeito que na decoración tradicional, na de Nadal tamén hai tendencias, e nos últimos anos triunfa o estilo dos países escandinavos, onde predomina a liña minimalista, o branco e os materiais naturais como madeira ou cortiza, deixando atrás o clásico espumillón e as bólas de cores estridentes das décadas dos 80 e 90.
(Imaxe: El Mueble).
A cheminea é un dos elementos, xunto á clásica árbore, que máis espírito de Nadal destila. Se tes a sorte de contar con unha, proba a adornala con elementos silvestres e materiais naturais. Converterase nun recuncho cheo de encanto perfecto para inmortalizar as mellores fotos de familia.
(Imaxe: Pinterest).
Se o teu son os traballos manuais, aproveita outra das grandes tendencias que causa furor no mundo da decoración, o DIY ou ‘Faino ti mesmo’, para complementar os teus adornos de Nadal. Un pouco de handmade mesturado cos produtos das túas tendas de decoración preferidas, son os ingredientes que necesitas para darlle ao teu fogar o mellor ambiente.
(Imaxes: Pinterest).
Como cantaban Raphael, Montserrat Caballé e compañía no famoso anuncio da lotería de fai uns anos, ‘aquí está la Navidaaaaaaad’, así que non hai tempo que perder para desempoar a decoración de Nadal. Se precisas algunha idea, nas tendas de As Cancelas atoparás todo o que necesitas, como en Casa, que teñen unha colección especial de artigos de Nadal.
Pero non son os únicos, xa que en Primark, Party Fiesta ou Carrefour contan tamén cunha selección de decoración de Nadal, con bólas para a árbore, grilandas de luces, candeas, centros de mesa, coroas para colgar na porta e elementos de decoración exterior.

Bóla cristal mensaxe (Primark), Adornos colgantes rafia (Casa), Bóla cristal con piñas (Casa), Adornos colgantes reno (Casa), Estrela brillante (Casa).
Funda cadeiras (Casa), Candea (Fox Home), Árbore de Madeira (Casa).
En Fox Home tamén podes atopar unha chea de propostas para darlle un toque distinto ao teu fogar, como as divertidas caixas de luz con mensaxe, as clásicas bólas de neve e ata os coxíns cos emoticonos de Whatsapp.
Pero o mellor do Nadal é vivilo a través dos ollos dos máis pequenos da casa, que con tanta ilusión esperan a chegada de Papá Noel e os Reis Magos. Unha boa forma de que a espera se faga máis amena é facer unha conta atrás desde o 1 de decembro ata Noiteboa cun calendario de advento. En Carrefour atoparalos na súa versión máis doce, onde cada día terán que abrir unha fiestra para comerse unha lambetada. En Casa teñen unha versión perfecta para os pais e nais máis creativos, que poderán esconder moitas sorpresas dentro dos 24 caixóns do calendario.
Belén (Imaginarium), Calendario de Advento (Casa).
Este ano, aposta por un nacemento ou belén do máis divertido como o de pezas de madeira de Imaginarium ou o dos míticos bonecos PlayMobil, que poderás atopar en Centroxogo e en Carrefour. Os nenos estarán encantados de axudar a poñelo, sobre todo se ademais poden xogar con el. Tamén poden colaborar coa decoración da árbore plasmando toda a súa creatividade a través dos kits de DIY de Imaginarium, cos que poderán facer os seus propios adornos de feltro ou pintalos sobre figuras de escaiola. E logo de tanto traballo, nada mellor que unhas galletas caseiras para repoñer enerxía, e se son con formas típicas do Nadal, moito máis saborosas!
Traballo manual adornos escaiola (Imaginarium), Pantuflas Reno (Primark), Moldes galletas (Imaginarium), Pixama Bebé (Orchestra).
Se te animas a entoar unhas alegres panxoliñas mentres pos a punto o teu fogar para as festas, equípate cos mellores instrumentos e a indumentaria máis auténtica. En Primark, Carrefour ou H&M poderás elixir a mellor caracterización para a ocasión entre xerseis, diademas, lentes, pixamas ou calcetíns, para todas as idades.
Diadema (Primark), Calcetín agasallos (Imaginarium), Pandeireta (Imaginarium), Xersei (H&M), Zapatillas (H&M).
Por se aínda non te decataches, o que triunfará este ano en todas as cea de Noiteboa é a moda dos divertidos xerseis de Nadal. Hainos con luces, música, figuras en relevo e con todo tipo de estampados, para que escollas o que máis se adapte ao teu estilo e personalidade. En Pull&Bear xa teñen dispoñible a súa colección de xerseis, do mesmo xeito que en Primark, Carrefour ou H&M, pero non te despistes, porque voan!
Xerséis (Pull&Bear).
Que comece o Nadal!