Festivais de moda
A primavera avanza e ultima os detalles da axenda cultural de Galicia para o verán. Son múltiples as propostas que se reúnen no calendario para gozar do noso tempo de lecer durante a época estival. Entre estas, destacan as citas musicais que, desde o norte ata ao sur, tratan de satisfacer os gustos de autóctonos e turistas.
Unha ampla variedade de festivais de diferentes estilos quentan motores na nosa comunidade para que gocemos en vivo de xornadas musicais interminables con esas bandas que tanto nos gustan.
Planifica a túa axenda porque percorremos A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra en busca deses festivais que non che podes perder Toma nota!
Cultura Quente | Caldas de Reis | 24 e 25 de xuño
Altantic Fest | Illa de Arousa | 1, 2, e 3 de xullo
Resurrection Fest | Viveiro | 7, 8 e 9 de xullo
Festival de Ortigueira| Ortigueira | 14, 15 e 17 de xullo
PortAmerica | Nigrán | 15 e 16 de xullo
Sinsal | IIla de San Simón | 24, 25 e 26 de xullo
Noroeste Pop Rock | A Coruña | 3, 4, 5, 6 e 7 de agosto
SonRías Baixas | Bueu | 5 e 6 de agosto
V de Valarés | Ponteceso | 12, 13 e 14 de agosto
Osa do Mar | Burela | 19 e 20 de agosto
Tentacle Summer Fest | Foz | 20 de agosto
Festival de la Luz | Boimorto | 9, 10, 10 de setembro
Wosinc | Santiago de Compostela | 11, 12 e 13 de setembro
Xa escolliches festival? Pois agora inspírate cos outfits do Coachela 2016 e vive con estilo o verán galego máis musical.