Escintileos Amichi.
Non é un segredo que á maior parte das mulleres entusiásmannos os brillos. En realidade, esa atracción primaria é inherente ao ser humano e responde en parte a unha cuestión cultural, adoitamos asociar obxectos brillantes con luxo e riqueza.
Esta breve reflexión sérveme para introducirvos un novo look, só apto para ocasións especiais ou días festivos, no que todo o protagonismo recae sobre esta chaqueta azulona de abelorios e este vestido midi de laminado prateado, ambos “moi brilantes”. Aínda que como sempre os accesorios e o calzado achegan o toque de distinción e orixinalidade. O bolso de hojalata é de Amichi e os salóns de tacón e punta fina de MaryPaz.
Espero que vos gustara!
Un abrazo!