Descubre a nova colección de Slow Love para Cortefiel!

Publicado o 14 de Xuño de 2021

Os días empezan a ser cada vez máis longos, as nosas ganas de desfacernos das chaquetas fanse cada vez máis grandes e a necesidade imperiosa de sacar os shorts e os vestidos do armario comeza a ser máis que palpable. O verán xa chegou e o corpo sábeo! Imos arrebatarlle ese pracer culpable? Xamáis!

Por se aínda non coñeciades a marabillosa colección estival de Sara Carbonero e Isabel Jiménez en colaboración con Cortefiel, e aproveitando a chegada das rebaixas, non podemos deixar pasar a oportunidade de ensinarvos os nosos modelos favoritos da gama Slow Love. Todas as pezas destacan polo seu estilo bohemio en cores terra e estampados florais súper bonitos. Os vestidos son finos e transpirables e non poden gustarnos máis! Todas as pezas están dispoñibles en Cortefiel de As Cancelas. Pero, coidado! Co éxito que está a cultivar a súa colección, poderían esgotarse en calquera momento!