Deporte con As Cancelas

Publicado o 20 de Xaneiro de 2016

Deporte con As Cancelas

É certo que sempre é bo momento para cambiar de rutinas e mellorar a nosa forma física, pero o cambio de ano, o propósito de queimar os nosos excesos do Nadal e as rebaixas converten a este mes de xaneiro no máis idóneo para facelo.

De feito durante este primeiro mes do ano rexístranse o dobre de inscricións en ximnasios que durante o resto de meses.

Con todo para cumprir este propósito, debedes fixarvos pequenas metas alcanzables e incrementar o exercicio de forma progresiva. Pero antes, debedes equiparvos adecuadamente.

Lembrade, que vernos ben pode servirnos de aliciente á hora de iniciarnos nunha rutina deportiva e ademais hai determinadas pezas nas que é conveniente investir un pouco, como o calzado ou os sujetadores deportivos.