Co Ord Zara.
O termo Co-ord que provén da palabra coordinado, fai referencia a aquelas pezas que combinan a parte de abaixo e a de arriba formando un conxunto. Son pezas que comparten, estilo, corte e estampado e que nos evitan ter que buscar posibles combinacións infalibles no noso armario. Iso si, á hora de adquirilas recoméndovos que vos decantedes por estampados discretos tanto en forma como en cor.
Non quería despedir o ano sen ensinarvos un exemplo desta tendencia. Polo que escollín esta camiseta jacquard de pescozo alto e este pantalón acampanado de zara, que en conxunto alargan visualmente a figura, para ilustrala. Ademais, optei por unha chaqueta en tons berenjena de Amichi para darlle un toque de cor ao look. O resto dos complementos, o cinto que marca a cintura e o bolso, en negro, sobrios e elegantes, non desvían a atención dos verdadeiros protagonistas.
Chaqueta de punto: Amichi / Resto de pezas de Zara