Chega a gran noite da moda!
Xa o temos todo a punto para gozar da cuarta edición da Fashion Night de As Cancelas, o acontecemento da moda e das tendencias de outono en Santiago de Compostela e arredores. O próximo venres 14 de outubro, o centro comercial acollerá unha gran festa á que estades todos convidados e na que poderedes gozar dos mellores descontos, actuacións musicais, exhibicións, degustacións, obradoiros de beleza, un sorteo de 4.000 euros e Mario Vaquerizo como mestre de cerimonias. Valo perder?
Comezaremos quentando motores coa emisión en directo desde o centro comercial do programa de radio de Paulo Regueiro en ‘Los 40 Santiago’, de 16:00 a 18:00 horas no escenario de planta 2. Tras rematar o programa, o locutor da famosa emisora musical de radio amenizará cunha selección dos temas do momento o photocall de Mario Vaquerizo cos seus fans, e continuará facéndonos bailar ata as 23:00 horas da noite.
E é que a música non parará de soar dende a primeira hora da tarde ata que Mario Vaquerizo peche a gran noite da moda de As Cancelas coa súa sesión de DJ, que finalizará sobre as 01:00 horas da madrugada. Na planta un, DJ SonMusic dará ritmo á velada, e ás 21:30 horas actuará Marango, o cantante galego revelación que triunfa con ritmos electro-latinos como ‘Mala’ ou ‘Loco’.
Pero sen dúbida o prato forte desta edición será a actuación do cantante e showman Mario Vaquerizo, que ademais de pechar a festa pinchando os seus temas favoritos a partires das 23:30 horas, compartirá photocall cos seus fans de 10:00 a 20:30 horas. Todos aqueles que saquen unha foto con Mario no photocall, poderán levala de balde en formato físico no momento.
Como todos os anos, tamén teremos un gran sorteo, nesta ocasión de 4.000€ que se repartirán en 200 vales de compra de 20€ cada un para empregar nos establecementos colaboradores da Fashion Night, e que os agasaiados poderán gastalos ese mesmo venres ata as 00:00 horas, cando as tendas pecharán as súas portas. Se queres ser un dos gañadores, recolle a túa participación no stand da planta 0 de 16:00 a 21:30 horas. O sorteo realizarase ás 22:00 horas na planta 1 e podes consultar as bases aquí.
Se non tes a sorte de ser un dos gañadores, non te preocupes, xa que a partires das 16:00 horas algunhas das tendas colaboradoras comezarán xa a aplicar descontos aos seus produtos. Durante a tarde iranse sumando numerosos establecementos aos descontos e ofertas especiais e todos permanecerán abertos ata a medianoite para que sexa máis doado aproveitar a noite para renovar o armario ou facernos cun capricho a mellor prezo.
Para repoñer forzas contaremos con máis dunha ducia de postos de degustación gratuítos repartidos ao longo das plantas 0 e 1 do centro comercial, nos que poderás probar sushi, queixos, pizza, flocos de millo ou xamón, mentres calmas a sede nos stands de cervexa, café, cócteles ou batidos de chocolate.
Os gañadores do casting Xeración As Cancelas e protagonistas da campaña publicitaria da Fashion Night, Ana González e Adris Geiba, tampouco se perderán a gran noite da moda de As Cancelas, na que ademais dos descontos, as actuacións musicais e o gran sorteo, tamén haberá un stand de maquillaxe e un gran photocall onde todos os asistentes poderán facerse o seu mellor selfie, que sen dúbida será o mellor recordo dunha gran noite.
Como queremos que todo o mundo poida gozar da Fashion Night sen preocupacións, habilitaremos un servizo de autobús-lanzadeira gratuíto que irá desde a Praza de Galiza ata o centro comercial, e que funcionará dende as seis da tarde ata a unha da madrugada.
Que ganas temos de compartir con todos vós a nosa gran noite da moda, e que ganas de que chegue xa! Para que a espera non se faga tan dura, temos preparada unha sorpresa: sorteamos 20 tarxetas regalo de Primark por valor de 10€. Apúntaste?
Para participar tan só tes que:
- Ser seguidor de As Cancelas en Facebook, Twitter ou Instagram.
- Encher o formulario na seguinte ligazón.
Tes ata o xoves 13 de outubro ás 16:00 horas para facelo. Podes consultar as bases do sorteo aquí.
Moita sorte a todos, e vémonos o venres!