Chaquetas de punto, o novo imprescindible no teu armario
Ter unha chaqueta de punto no armario é unha das tendencias imprescindibles do recentemente estreado 2020, á que non poderás resistirte. Pero non falamos dunha chaqueta calquera, se non dunha rebeca de tecido suave, aires románticos e que se leva cos botóns abrochados, coma se fose un xersei. Non nos estraña que estas pezas de punto estean a arrasar, porque ademais de achegar un toque naif e sofisticado a calquera look, son cómodas, quentiñas e combinan á perfección con vestidos, saias e pantalóns. Que máis se pode pedir?
No blog de As Cancelas seleccionamos as favoritas das nosas tendas para que poidas subirte ao carro da tendencia do momento, e dar un toque primaveral aos teus estilismos invernais.