A túa camiseta o di todo
Fai meses que se notaba a súa presenza, pero o verán confirmounos o reinado das camisetas con mensaxe como tendencia estrela da tempada. E é que o que comezou nas pasarelas parisinas coa camiseta feminista de Dior que causou furor entre as celebrities de todo o mundo, converteuse nunha forma de estar á moda e de revindicar ideas e pensamentos de todo tipo.

A blogueira italiana Chiara Ferragni coa camiseta feminista de Dior.
Divertidos, feministas, irónicos, políticos, musicais… as mensaxes da túa camiseta din moito de ti, por iso, hoxe no blog de As Cancelas traémosche unha selección, para que escollas a túa versión favorita.
Con cal quedas?