Benetton Estampado Floral
Benetton Estampado Floral
Hai unhas semanas dicíavos que o burdeos é un das cores que están máis presentes no meu armario e que por tanto estaríao tamén nas distintas propostas que vos vaia ensinando. Como vedes non vos mentía!
Esta chaqueta de punto é perfecta para o outono, ao ser calada, abriga pero sen resultar atafegante e claro, é desa cor. Iso si, non vos recomendo que con este tipo de chaquetas tan longas optedes por calzado plano, aínda que eu non puidese resistirme con estas bailarinas acharoadas. Se non sodes moi altas acurtará visualmente a vosa figura.
As dúas pezas que completan o look son tamén moi especiais, a forma redonda do bolso encántame e o estampado e corte do vestido tamén. E é que o estampado floral non está reservado só para a primavera!
Espero que vos guste! Un abrazo
Podes visitar a páxina de tenda Benetton ou a súa páxina web para maior información sobre a marca.