Amichi Total Look

Publicado o 22 de Outubro de 2015

Coñecedes a marca española Amichi, especializada no deseño de moda e fundada hai 30 anos? eu tiña algunha peza de punto e algún bolso da firma, pero sorprendeume descubrir recentemente o ben que sintan os pantalóns que confeccionan e o cómodos que resultan.

Amichi-01

Amichi Total Look

Para este xoves propóñovos un look moi básico de Amichi composto por pezas monocromáticas, pero que pola súa calidade, tanto no que ao corte refírese como á selección de tecidos, resultan en grao sumo sofisticado. Unha vestimenta no que predominan os tons terra e no que os grandes protagonistas son este chaleco de pano e estas botas de cana alta de pel. A nota de cor pona o bolso burdeos con detalle de armazón.

(Pantalón: 29,99 €Camisa: 29,99€Botas: 89,99€Bolso: 29,99€Chaleco: 49,99€)

PD: Os accesorios de bolsos son un must este outono, o meu é de Parfois.

Espero que vos gustara, un abrazo!

Amichi-02Amichi-03Amichi-04Amichi-05

Deixa unha resposta
O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *.