Abelorios: prepárate para brillar
Aínda que xa levaban desde a tempada de primavera pegando forte, é na época do Nadal cando o brillo en forma de abelorios volve con máis forza que nunca. E é que ninguén pode resistirse a esta tendencia que crea adicción, que protagoniza looks de noite e de día e que che dá ese toque tan especial. Hoxe no blogu de As Cancelas deixámosche unha selección de pezas que poderás atopar nas nosas tendas para que brilles con luz propia nestas datas tan especiais.