Apúntate á mobilidade sustentable!

Publicado o 19 de Abril de 2017

Coa chegada do bo tempo primaveral, todos nos sentimos máis animados para saír da casa e gozar practicando distintas actividades ao aire libre, como pícnics, camiñadas ou paseos en bicicleta, unha tendencia que cada vez suma máis adeptos. E é que ben sexa por lecer, por levar unha vida máis saudable, ou por utilizar un medio de transporte máis ecolóxico e económico, o uso da bicicleta incrementouse considerablemente durante os últimos anos en España.

Aínda que no resto de Europa, hai xa tempo que a cultura da bicicleta está máis que afianzada, no noso país vai asentándose cada vez máis, pois segundo os datos do último Barómetro da Bicicleta (publicado en 2015) case catro millóns (3,8) de españois usan este medio de transporte a diario para os desprazamentos cotiáns.

Hoxe 19 de abril, celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Bicicleta, unha conmemoración que busca promover o uso da bicicleta como medio de transporte, destacar os seus beneficios para a saúde e para a mobilidade sustentable, e chamar a atención sobre os dereitos e a seguridade dos ciclistas.

En As Cancelas sempre apostamos pola mobilidade sustentable, por iso contamos con tres zonas de estacionamento para bicicletas repartidas polas distintas zonas e accesos do centro comercial. Se te animas a vir visitarnos en bici, podes deixala aparcada nas zonas habilitadas para iso na entrada principal, na planta –1 do parking e na entrada exterior da planta 2.

Aínda non te decidiches a pasarte ás dúas rodas? Presta atención as vantaxes e beneficios que supón o uso da bicicleta: non contamina, é moito máis económico que os medios e transporte a motor, implica a realización do exercicio físico, o que supón unha mellora do estado da saúde, e permite gozar da paisaxe e da contorna.

 

E para que todos poidades sumarvos á mobilidade susentable, hoxe no blog de As Cancelas sorteamos unha estupenda bicicleta do paseo City de 6 velocidades. Gustaríache participar? Tan só tes que:

O prazo de participación finaliza o martes 25 de abril ás 23:59h. Podes consultas as bases do sorteo aquí.

Moita sorte!