Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

7 estreas de cine que non podes perderte este verán

Esta época do ano é marabillosa por moitos motivos: a praia, as festas con amigos, abandonar esa cor fantasmal que te acompaña de outubro a maio, saír de casa sen preocuparte do paraugas… Con todo, moitas veces a un apetécelle fuxir da calor, e que mellor maneira de facelo que gozando dunha película en pantalla xigante baixo o aire acondicionado que nos ofrecen as salas de cine? Temperatura agradable, un refrixerio fresquiño, algo para picar, a mellor compañía e esa última estrea que non te queres perder, non parece o plan perfecto?

Este verán en Cinesa poderás gozar de estreas incribles, e hoxe no o blog de As Cancelas queremos lembrarche as películas que non podes perder este verán. Sigue lendo!

SUPERAXENTE MAKEY

Esta comedia de acción narra as peripecias dun policía chamado Makey (Leo Harlem), que se verá obrigado a deixar o seu barrio de Carabanchel por cometer un erro garrafal. Ao máis puro estilo dos filmes policiacos dos 80 e 90, o protagonista, sen saber moi ben como, vese involucrado nunha trama de narcotráfico internacional na Costa do Sol, converténdose sen querer no protagonista dunha peli de acción ao máis puro estilo norteamericano. Da man doutros grandes actores e humoristas como Silvia Abril e Jordi Sánchez, esta comedia promete non deixar a ninguén indiferente. Poderás disfrutala en Cinesa a partir do 17 de xullo.

PAI NON HAI MÁIS CA UN 2

Tras o éxito da primeira parte, Santiago Segura, convertido no pai máis singular do ano, enfróntase de novo a unha situación delicada cando a súa muller (Toni Acosta) dálle a noticia de que está embarazada. Toda a súa vida ponse patas para arriba, pero sen ser suficiente con iso, aparece en escea outro problema de difícil solución: a súa sogra (Loles León). Leo Harlem e Silvia Abril súmanse ao casting desta produción de Sony Pictures, e non podemos esperar a saber como acaba esta nova entrega. En cines a partir do 7 de agosto!


MULAN
Tras o éxito cultivado con outros live action como Aladdín, O Rey León ou A Bela e a Besta, Disney tráenos a súa nova aposta co novo remake dun dos seus clásicos dos 90: Mulán. Co fin de salvar ao seu pai, Fa Mulán únese ao exército imperial e faise pasar por soldado co obxectivo de librarlo dunha morte segura. A moza sométese a un duro adestramento co obxectivo de demostrar a súa valía e gañar así o respecto e a confianza do resto dos seus compañeiros, do seu superior, do seu pai e, por que non, de toda China. Un clásico que nunca pasa de moda. O 9 de agosto nos cines!

O XARDÍN SECRETO

Esta produción franco-inglesa conta a historia dunha nena de dez anos nacida na India que se ve obrigada a trasladarse a Inglaterra debido ao falecemento repentino dos seus pais. En Yorkshire, espéralle o seu tío (Colin Firth), un home do máis malhumorado e solitario e a súa estrita ama de chaves (Julie Walters). Alí, a nena atópase cunha mansión xigante chea de portas pechadas, ademais dun gran xardín rodeado por unha gran muralla. Segredos familiares, xardíns máxicos, aventuras. maxia e personaxes memorables son os ingredientes desta produción que chega o 14 de agosto a Cinesa. Non a podedes perder!

TENET

A nova produción de Christopher Nolan postúlase como un das mellores estreas do 2020. Este novo proxecto cinematográfico, rodado en Reino Unido, Estonia, India e Italia, narra unha historia apaixonante relacionada coas viaxes no tempo, a espionaxe internacional e a evolución. O protagonista (John David Washington) deberá loitar pola supervivencia do mundo enteiro tratando de evitar que se desate a Terceira Guerra Mundial. En cines o 14 de agosto.

GREENLAND: O ÚLTIMO REFUXIO
Este thriller apocalíptico, protagonizado por Gerard Butler e Morena Baccarin, narra a historia dunha familia que se ve obrigada a embarcar nunha perigosa viaxe por salvar a súa vida. Un meteorito está a piques de impactar en varios lugares da terra, aniquilando calquera rastro de vida co que se tope. A súa última oportunidade para sobrevivir é un voo desesperado a un posible refuxio. Unha odisea vital que enfrontará aos protagonistas aos máis impoñentes perigos da natureza co único obxectivo de sobrevivir. En cinemas o 21 de agosto.