5 refrescantes batidos para este verán

Publicado o 30 de Xuño de 2017

Agora que comeza a temporada de calor, a quen non lle apetece un sorbete, xeado ou un refresco no medio dunha tarde de sol asfixiante? Se ademais de refrescarte, non queres descoidar a liña, propoñémosche varias opcións 100% saudables que podes preparar en casa e que che axudarán a aumentar o consumo de froitas e verduras dunha maneira súper deliciosa.

Beber zumes de froitas e verduras, feitos con licuadora permítenos conservar os niveis óptimos do colesterol en sangue e tamén reduce os radicais libres do noso corpo. Hoxe no blog de As Cancelas propoñémosche cinco receitas de batidos e smoothies moi fáciles e rápidas de preparar. Só necesitarás 5 minutos, os mellores ingredientes, unha licuadora e, a gozar!

 

Batido de remolacha e cenoria

A falta de sono, a tensión ou os múltiples quefaceres do día a día, son moitas veces os responsables deses baixóns de enerxía que nos fan sentir cansos e cun estado de ánimo negativo. Aínda que a mellor solución é darlle tempo ao corpo para que se relaxe, tamén pode ser útil enerxizalo con este batido natural, cheo de vitaminas que nos axudan a recargar o noso organismo.

Ingredientes:

– 3 cenorias
– 1 remolacha
– 1 mazá
– 2 ramas de apio
– ½ cogombro grande
– ½ vaso de auga (100 ml)

Batedor de vaso (Casa Shop)

Smoothie de plátano, piña e mango

Almorzar froita polas mañás é recomendable para persoas de todas as idades, pero é certo que, un plátano ou unha mazá pódenos resultar bastante aburrido ou pouco atractivo para os nosos ollos. Este smoothie que che propoñemos é a receita perfecta para o almorzo, xa que contén grandes doses de fibra, antioxidantes e calcio, é moi rápida de preparar e o podes levar onde queiras. E, aínda por riba, é baixa en calorías e está boísimo!

Ingredientes:

– 300 gr. de piña pelada
– 2 plátanos
– 1 mango maduro
– 1 iogur natural sen azucre
– 1 vaso de leite
– Xeo picado

          Vaso con palliña tropical (Casa Shop)

Smoothie de amorodo e coco

Durante os meses de verán estamos expostos a un maior risco de deshidratación, para combatela, propoñémosche este batido refrescante e saudable, co que achegaremos ao noso corpo unha boa dose de vitaminas e antioxidantes grazas aos amorodos, que están compostos por auga nun 92%.

Ingredientes:

– Unha cunca de amorodos
– ½ cunca de piña
– 1/4 de aguacate
– 1 cullerada de mel
– O zume de medio limón
– 3 cuncas de leite de coco
– 3 follas de menta fresca

Vaso con palliña cristal (Casa Shop)

 Smoothie de framboesas e pexego

Cargado de vitaminas, calcio, antioxidantes e fibra, con este batido comezarás o día cargado de enerxía. Os pexegos e as framboesas son unha excelente fonte de vitamina C, que actúa como antioxidante natural e axuda a combater a formación de radicais libres, previndo distintas enfermidades como o cancro. Ademais, tamén é perfecto para coidar a nosa pel, xa que axuda a reducir engurras e combater os danos causados polo sol. Pódeselle pedir algo máis a un batido?

Ingredientes:

– Unha cunca de framboesas conxeladas
– Un pexego maduro
– Zume de dúas laranxas
– 1 cullerada de zume de limón
– 1 vaso de leite de améndoas
– Xeo picado
– 4 pingas de extracto de vainilla (opcional)

Vasos variados con palliña (Fox home)

Smoothie de cúrcuma

Os ingredientes estrela deste batido son o coco e a cúrcuma, unha das especias máis populares do mundo, que se utiliza desde a antigüidade para múltiples fins gastronómicos e medicinais. Seguramente oirías falar dela como “superespecia” debido aos seus compostos nutricionais, que a converten nunha das máis saudables. Por outro lado, o coco ten propiedades que combaten diversos virus e bacterias; é rico en vitamina C, E, B, magnesio, potasio, fósforo e ferro; e ademais, ten propiedades antiinflamatorias, o que axuda a previr enfermidades dexenerativas. Próbao, sorprenderache o seu sabor!

Ingredientes:

– 1 cunca de leite de coco
– ½ ó 1 cunca de leite de améndoas
– 1 plátano
– 2 cucharaditas de cúrcuma
– 1 cucharadita de manteiga de améndoa
– 2 culleradas de chía
– ¼ de extracto de vainilla
– Un chisco de canela
– Sal do Himalaya
– Pementa

Xogo 6 vasos Exotic (Tenda Casa)