25N Compostela en Negro As Cancelas
O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos e organizacións a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.
A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, escondida e en moitos casos normalizada.
O Centro Comercial As Cancelas rexeita calquera tipo de violencia contra as mulleres e, por iso mesmo, unímonos á campaña impulsada desde a Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo: “25N. Compostela en negro”. Unha campaña a través da cal, durante a semana do 19 ao 25 de novembro, os nosos traballadores vestirán de loito en sinal de duelo por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte.
Tedes máis información en www.santiagodecompostela.org