17 de Maio. O día das nosas letras
Rosalía de Castro, Castelao, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro e un longo etcétera completan unha lista formada por 54 escritores homenaxeados desde a instauración do Día das Letras Galegas. A este grupo súmase, como cada 17 de maio, un novo membro. E este ano, como xa saberás, é Manuel María.
Foi no 1963, cando tres membros da Real Academia Galega: Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, presentaron ante a institución da que formaban parte, unha proposta para establecer o 17 de maio como a data para recoller latexo material da actividade intelectual galega. Unha elección cargada de simbolismo, pois cumpríase o centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
A partires daquel entón asentouse esta celebración que, ano tras ano, pon en valor a nosa cultura. O vindeiro martes homenaxeamos a Manuel María, pero tamén a todos aqueles que co seu saber humanístico estenden e defenden o noso idioma.
Son múltiples os actos organizados en torno ao Día das Letras Galegas para facelo, se cabe, máis grande. O noso: A Carreira das Letras un evento que fusiona o deporte coa cultura co obxectivo de fortalecer as nosas raíces, esas polas que fai 53 anos loitaron, para que non permaneceran no olvido, os tres persoeiros da Real Academia Galega.