16 abrigos cos que desexarás que chegue o frío
O outono xa se instalou e o fresquiño comeza a notarse no ambiente. Aínda que de momento seguimos desfrutando dalgúns raios de sol e temperaturas agradables, moi pronto chegarán os días fríos e chuviosos onde un bo abrigo converterase no teu mellor aliado, xunto a botas, bufandas e xerséis. Hoxe no blog de As Cancelas traémosche unha selección de abrigos para facer fronte aos distintos niveis de frío que están por vir esta tempada: dende gabardinas a abrigos de pelo, pasando por anoraks e abrigos largos. E todos están dispoñibles nas nosas tendas!
Tomaches nota do que nos espera este outono? Escolle o teu estilo favorito e entra na nova estación co estilo máis actual.