15 prendas CURVY para triunfar este verano

Publicado o 28 de Maio de 2021

O bo tempo empeza a facerse oco entre os nosos días e, aos poucos, empezamos a deixar a roupa de abrigo ao carón. Certo é, que non debemos esquecer que vivimos en Galicia, e que os chaparróns repentinos e as cicloxénesis random están á orde do día. Quitando ese aspecto, a nós persoalmente encántanos esta época do ano: os paxaros cantan, as hormonas revoluciónanse, os días son máis longos e as nosas ganas de facer todas esas cousas que quedaron aparcadas nos meses de máis frío volven florecer como auga de maio.

Neste novo post do blog, traémosvos unha recompilación de pezas para lucir orgullosas esta primavera verán. Sabemos o complicado que é atopar roupa bonita cando non encaixas cos canons, por iso dedicamos este post á moda curvy e a todas esas mulleres marabillosas que a visten. Atopa todas estas pezas e moitas máis no centro comercial. Loce as túas curvas con esta súper selección! Desliza cara arriba!