10 prendas para darlle a benvida o bo tempo
Case sen darnos de conta, a primavera xa chegou e este ano ven chea de novas propostas para renovar o noso armario. Dende As Cancelas queremos darche algunhas ideas de prendas que non deberán faltar no teu gardarroupa.
1. UNHA BLAZER XL
A primeira norma é que as blazers, ou se levan XL, ou no se levan. Combínaa con prendas básicas e sobrias para darlle protagonismo, ou elabora un total look en cores neutros, tamén funcionará.
2. UNHA PRENDA LIXEIRA EFECTO PUFFY
As prendas acolchadas son unha tendencia que veu para quedarse. Durante toda a primavera, verémolas na súa versión máis lixeira e en cores vivas: chalecos, cazadoras, bolsos, zapatos… Todas as versións serven!
3. UNHA MINIFALDA
Xa é un segredo a voces: as faldas esta primavera lévanse ben curtas. Témolas visto combinadas en total looks con chaqueta ou blazer, con estampados xeométricos, florais, animal print ou estilo denim.
4. UN MONO
Buscas unha prenda todoterreo que che serva para calquera ocasión? Faite cun mono, da igual a cor, o estampado ou o material no que estea feito. Esta primavera, todo vale en jumpuits!
Se buscas estilizar a túa figura, escolle un dunha soa cor ou con raias verticais. Para as máis atrevidas, os estampados xeométricos son o máis. E se buscas alongar a túa estatura, escolle un que sexa curto e combínao cunhas sandalias de tacón.
5. UNHA PRENDA CON FLECOS
Os flecos serán imprescindibles este ano, así se viu nas pasarelas das coleccións cruceiro 2022, polo que non tardes en facerte con algunha prenda que leve este tipo de adorno.
Aquí vos deixamos algunhas ideas.
6. UNHA PERFECTO OVERSIZE
As cazadoras perfecto son unha prenda clave cada primavera. Gústannos pola súa versatilidade e porque podemos extender o seu uso da mañá á noite. Faite cunha perfecto estilo oversize, será unha prenda clave no teu fondo de armario.
7. UN VESTIDO CUT-OUT
Vímolos a primavera pasada e os seguiremos vendo este ano. As prendas cut-out alcanzan e a súa máxima expresión nos vestidos, polo que valerá a pena invertir nun.
8. TRES EN RAIA
Que as raias volven cada primavera para quedarse non é unha novidade. Pero este ano verémolas en todo o seu esplendor e versións: horizontais, verticais e en diagonal. Con cal quedas?
9. TRANSPARENCIAS
Coa chegada do bó tempo gústanos vestir prendas con texidos lixeiros e frescos, e que mellor que apostar por unha prenda con transparencias para deixar entrar a primavera no noso armario.
10. UNHA PRENDA ESTILO BOHO DE CROCHET
En primavera empeza a época de festivais e con eles sacamos a relucir o noso estilo máis boho. Faite cunha prenda de crochet e causarás sensación!
Ahora que xa coñeces as tendencias, a qué esperas para vir a As Cancelas a renovar os teus looks?