Embarazadas á última moda
Acabas de saber que estás embarazada? Parabéns, aquí comeza unha das etapas máis bonitas e felices da túa vida. Superada a euforia inicial que supón o descubrimento da noticia, e a medida que o corpo vai cambiando de forma e de volume, comezan as dúbidas sobre que poñerse para estar máis favorecida durante os nove meses de doce espera para recibir ao novo membro da familia.
Hoxe no blog de As Cancelas traémosvos unha selección de pezas e estilismos das marcas que contan cunha colección especial de maternidade, para que as futuras mamás vos sintades cómodas e guapas sen renunciar ás últimas tendencias.
Durante os primeiros meses é probable que non teñas que alterar moito a túa forma de vestir, xa que utilizando pezas máis folgadas ou que sexan dun talle superior ao habitual, resolverás a situación. Pero cando a barriguiña comece a despuntar, irremediablemente terás que utilizar roupa que suxeite ben o ventre e que sexa o máis cómoda posible. En moitos casos adóitase pensar que a roupa específica para o embarazo é aburrida e seria, pero cada vez son máis as marcas que poñen todo o seu empeño para que as mulleres embarazadas gocen da súa maternidade lucindo modernas e elegantes.
Dentro da liña Maternity de Women Secret podes atopar desde suxeitadores especiais para o embarazo e para a lactación, adaptables aos cambios de volume de peito, braguiñas especiais á cadeira e roupa de baño, ata camisetas con divertidas mensaxes como as da imaxe. Se ti non estás embarazada, pero tes que facer un agasallo a algunha muller que si o está, estas camisetas son a aposta ideal para facer un detalle ben orixinal.
En Oysho tamén podedes atopar lencería adaptada para o período de xestación, ademais de pixamas, batas e camisóns de algodón para estar cómoda na casa e no hospital durante os momentos previos ao parto.
Se es das que non queren renunciar a facer deporte durante estes noves meses, ollo ao básico, leggins negros con reforzo elástico na zona da barriga, perfectos para as túas camiñadas, clases de pilates ou de ximnasia prenatal.
H&M, o xigante sueco da moda, detectou antes que outros operadores as necesidades das mulleres embarazadas en canto a comodidade e estilo, polo que a día de hoxe é unha das marcas que dispón dunha colección máis ampla, na que podes atopar case calquera peza. Vestidos, saias, camisetas especiais para lactación, pantalóns, pezas de abrigo e ata looks para ocasións máis especiais.
A súa gran variedade, sobre todo en pantalóns e vaqueiros con cintura ancha en punto elástico, fan que sexa a opción máis recomendable á hora de facerse cun fondo de armario para esta etapa. Ademais, se participas no seu programa de reciclaxe de roupa, poderás obter descontos para as túas compras.
Looks de rúa, para o traballo, para unha cea e, por que non, ata para ir ao ximnasio. En As Cancelas atoparás todo o que necesitas para ir cómoda e á última durante a túa maternidade.
Ven visitarnos!