En outubro, ven divertirte con nós á Casa de Celi!
En As Cancelas gústanos que os nosos pequenos visitantes o pasen xenial cando veñen de visita ao centro comercial, polo que a partir do 1 de outubro, todos os venres e sábados contaremos con actividades gratuitas no novo espazo da nosa mascota ‘A Casa de Celi’.
O horario das actividades será de 17:30 a 20:30h os venres, e de 12 a 14h e de 17:30 a 20:30h os sábados. Os talleres realizaránse en turnos de unha hora para que todos os nenos e nenas que queiran podan participar ao mesmo tempo que se garanten todas as medidas de seguridade.
A temática dos distintos xogos e animacións xirarán en torno á protección do medio ambiente, o interés pola ciencia, os xogos tradicionais e a música. Ademais, a última fin de semana de outubro realizaranse actividades relacionadas co Samaín.
Para gozar de toda a programación, tan só hai que ser membro do Club de Celi. Os nenos e nenas que aínda non teñan o seu carnet, poden inscribirse en calquera momento no Punto de Atención ao Cliente do centro comercial ou na nosa páxina web.
Esta é a programación de actividades para o mes de outubro:
Venres 1 e sábado 2 de outubro
- Talleres creativos Universo Celi
- Xogos de sempre ‘Aquí na terra’
- Xogos didácticos
- Taller de robótica
Venres 8 e sábado 9 de outubro
- Talleres creativos Universo Celi
- Música e movemento
- Recixogos
Venres 15 e sábado 16 de outubro
- Talleres creativos Universo Celi
- Talleres de medio ambiente e ciencias tolas
- Gymkhanas e xogos de habilidade
Venres 22 e sábado 23 de outubro
- Talleras creativos Universo Celi
- Inventando historias de marcianos
- Carreiras
Venres 29 e sábado 30 de outubro
- Talleres especiais de Samaín