Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Veganos: opcións para comer en As Cancelas

Cada vez máis persoas elixen sustituir na súa dieta os alimentos de orixe animal por produtos e alimentos de orixe vexetal. De feito, o segmento veggie aumentou un 27% no noso país nos últimos dous anos, o que supón que un 9,9% da poboación española practique eo veganismo.

Conscientes deste crecemento, os supermercados xa fixeron os deberes, e cada vez é máis doado atopar nas súas estanterías unha gran variedade de produtos aptos para veganos. Pero os locais de restauración tampouco quedaron atrás, e pouco a pouco foron incorporando ás súas cartas pratos específicos para este colectivo, ou versións veganas dos seus pratos máis tradicionais. Neste momento, case todos os restaurantes de As Cancelas contan con algunha proposta libre de alimentos de orixe animal, así que hoxe no noso blog, contámosvos cales son e que opcións podedes desfrutar neles.

Pans and Company

A popular cadea de bocadillos é unha das que leva a dianteira neste tema, e é que recientemente incorporou á súa carta distintas propostas de menús coa heura como protagonista. En formato ensalada ou bocadillo, as súas opcións veganas están para chupar os dedos.

  • Bocadillo Heura Pementos: bocadillo con heura, pementos asados, guacamole, leituga, tomate e cebola crocante.
  • Bocadillo Heura BBQ: heura, salsa bbq, leituga e tomate.
  • Bocadillo Heura Guacamole: heura, guacamole, mix campestre, tomate e sésamo negro.
  • Ensalada de quinoa con heura: mix de leitugas e canónigos, heura, quinoa, tomate cherry, pementos asados, maínzo, sésamo negro.
  • Ensalada mediterránea con heura: mix de leitugas e canónigos, heura, maínzo, tomate cherry, pementos asados e aceitunas verdes.
  • Patacas fritidas
  • Patacas bravas
  • Ensalada verde: mix de leitugas, tomate, aceitunas e maínzo.

100 Montaditos

Aínda que entre os seus montaditos non haxa polo momento ningunha opción veggie como tal, teñen varias opcións de picoteo para gozar mentres tomas algo cos amigos ou en familia. Os clásicos non fallan, e é que non hai nada mellor que acompañar a túa consumición dunhas deliciosas patacas fritidas, ou nachos con guacamole.

  • Aceitunas
  • Nachos con guacamole
  • Cucurucho de patacas fritidas
  • Patacas fritidas

Burger King

Aínda que os restaurantes de comida rápida, en xeral, non adoitan contar con opcións veganas, en Burger King vas poder gozar dalgúns dos seus produtos, como a ensalada orixinal, ou as súas deliciosas patacas fritidas. Pero o seu produto estrela é a Rebel Whooper, unha hamburguesa 100% vexetal con cebola, leituga, maionesa, kétchup, pepinillo e tomate, que aínda que orixinalmente está pensada para vexetarianos, se se pide sen maionesa sería totalmente apta para veganos.

  • Ensalada orixinal: Ensalada con tomate cherry, leituga, pepino e maínzo doce.
  • Rebel Whooper: hamburguesa 100% vexetal con cebola, leituga, maionesa, kétchup, pepinillo e tomate (pedir sen maionesa).
  • Patacas clásicas
  • Patacas supreme

Cambalache

Algúns dos seus pratos italianos con toque arxentino, tamén son aptos para veganos. Aínda que na carta de pizzas, a súa especialidade, non contan con opcións veganas, plantexan alternativas como parrillada de verduras ou ensalada mixta, que poderás acompañar dalgún entrante, como patacas fritidas ou pan de allo.

  • Empanadilla vexetal
  • Pan de allo
  • Parillada de verduras: Berenxena, calabacín, pemento, tomate, cebola e espárragos trigueiros.
  • Patacas fritidas
  • Patacas gajo a las finas hierbas
  • Ensalada mixta: Leituga, tomate, cebola e aceitunas verdes.

Foster’s Hollywood

Máis aló das súas famosas costelas barbacoa ou as súas míticas hamburguesas, algúns dos entrantes da cadea de comida americana son aptos para veganos. Podes pedir o guacamole feito na túa mesa ou os deliciosos aros de cebola, ademáis, poderás sustituir os produtos non veganos dalgún dos seus pratos por outros que se adapten a ti.

  • Guacamole feito na túa mesa: Preparado na túa mesa con aguacate, cebola, jalapeño, cilantro, sal, lima e tabasco ao teu gusto. Acompañado de totopos para dipear.
  • Aros de cebola: Aros de cebola empanados coa súa auténtica receita americana.

Ginos

Este restaurante de estilo italiano, non ten unha sección específica na súa carta de opcións veganas, pero conta con numerosas alternativas das que poderás gozar informando ao seu persoal. Como as ensaladas, determinados tipos de pasta, ou as súas deliciosas pizzas, eliminando o queixo dos seus ingrendientes ou os deliciosos risottos.

Hebe Kebab

En canto a comida turca, hai máis variedade de opcións. O falafel é un prato moi típico que será perfecto para as túas comidas ou ceas. Tamén ten arroz, ensaladas, hummus, pratos vexetais e donners e durums vexetais. De todos xeitos, adoitan incluir salsas non aptas para veganos, polo que te recomendamos que informes ao persoal antes de realizar a túa elección.

KFC

Unha das últimas incorporacións á nosa oferta de restauración é KFC, que aínda que son mundialmente coñecidos polo seu polo, tamén contan con algunha opción apta para veganos, como a ensalada da horta, as deliciosas patacas fritidas ou incluso mazorcas de maínzo.

  • Ensalada da horta: leituga, maínzo e tomate.
  • Mazorca de maínzo
  • Patacas

Muerde la pasta

O restaurante buffet italiano por excelencia, cambia parte das propostas de carta que ofrece cada día, polo que te recomendamos que consultes ao seu persoal os pratos aptos para veganos que dispoñen nese momento. Ensaladas, pastas, verduras, legumes… De todas as opcións posibles, poderás combinar ao teu gusto para crear deliciosos pratos.

SouSushi

Cando teñas pouco tempo para comer e prefiras coller algo para levar, pásate polo posto de sushi de pranta baixa porque conta con algunhas opcións aptas para veganos. Makis de aguacate e cenoria,  gyozas vexetais, ensalada de alga wakame ou tallaríns salteados con verduras son algunhas das propostas que plantexan libres de produtos animais. Consulta co persoal do stand a dispoñibilidade de pratos de cada día.

Vilalúa 

Este restaurante galego famoso polo seu polbo e a súa empanada, tamén conta cun prato vexetariano que se pode adaptar para os comensais veganos, composto de: brocheta con tomate, pemento vermello e pemento verde, acompañado de ensalada de espinacas e patacas fritidas ou cocidas. Ademáis poderás probar os seus deliciosos pementos de Padrón.

VIPS

Aínda que a popular cadea de sándwiches e hamburguesas non conta cunha carta especialmente pensada para veganos, ten algunhas opcións libres de produtos animais, como os nachos con guacamole, as patacas ou os seus deliciosos smoothies. Se solicitas que eliminen algúns produtos das súas receitas, tamén poderás gozar dalgunhas ensaladas, tostas de aguacate, e outros pratos.

Wok Dunhuang

O bo dos restaurantes buffet é que podes crear os teus propios pratos a partir dun montón de opcións de alimentos frescos e cociñados. Ademáis das distintas receitas de pratos cociñados que poidan ter, en Wok Dunhuang tes á túa disposición unha ampla oferta de produtos frescos que cociñarán no momento no seu servizo de prancha.

No resto dos locais de restauración do centro comercial, recomendámosche que consultes directamente co persoal de cociña, xa que ainda que algúns non contan con pratos específicos veganos na súa carta, poden ofrecerche alternativas.