Este San Valentín, convidámoste a vivir un amor de 5 estrelas!
Achégase San Valentin e desde As Cancelas queremos celebrar o Día dos Namorados premiando a mellor historia de amor. Así, a partires do día 8 de febreiro e ata o día 14, todos os que veñades ao centro comercial poderedes utilizar o set de gravación, que habilitaremos na porta principal do andar 0, para gravar a vosa mensaxe de amor. Recordade como vos coñecestes, contádenos o mellor piropo, amosade que seríades capaces de facer por amor… todo vale para conseguir o vídeo máis orixinal co que expresar un sentimento universal. Un premio valorado en más de 2.000€ está en xogo!
O punto de gravación estará en funcionamento de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, excepto o domingo 10 de febreiro, que permanecerá pechado. Só por participar, levarás un agasallo seguro e entrarás no sorteo dun cofre experiencia.
De todos os vídeos gravados, un xurado seleccionará os 10 mellores, que serán publicados na nosa páxina de Facebook para que se poidan votar entre o 18 e o 20 de febreiro. O máis votado será o gañador dunha fantástica experiencia romántica que inclúe:
- Un cheque por valor de 500€ para gastar nas tendas de As Cancelas.
- Unha comida nun dos locais de restauración de As Cancelas.
- Unha tarde de spa en A Quinta da Auga.
- Unha cea romántica e unha estancia dunha noite nunha das suites do Hostal dos Reis Católicos.
Para redondear este premio de luxo, a persoa que resulte gañadora e a súa parella, disfrutarán dun asistente persoal e chófer durante a xornada.
Ademais da nosa cabina do amor, o venres 8 de febreiro os nosos pequenos visitantes poderán elaborar as súas propias tarxetas do Día dos Namorados na actividade Valentine´ s day crafts, un obradoiro de traballos manuais en inglés que se celebrará entre as 18:45 e as 20:15 horas na planta 1.
Tamén dentro das actividades de San Valentín, o sábado día 9 ás 18:00 horas en planta 1, a escola Danzaya ofrecerá unha exhibición de baile e ás 19:00 horas un obradoiro de baile infantil para que todos os nenos e nenas que visiten o centro poidan pasar un intre divertido.