Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles

3, 2, 1… As tendencias de primavera xa están aquí!

A piques de tocar coa punta dos dedos a ansiada primavera, toca poñerse ao día do que nos espera en canto a tendencias refírese para esta tempada. Aínda que moitas das do pasado ano aínda estarán presentes durante todo o 2017, hoxe no blog de As Cancelas facemos un repaso das nosas favoritas para alzarse co título de hit primavera-verán. Se non queres que che pille por sorpresa a chegada do bo tempo, toma nota!

Zapatos Mules

Vímolas completar os looks dos desfiles de Prada ou Gucci e calzar os pés das influencers nas semanas da moda, así que non tardarán moito en converterse nunha das tendencias estrela da temporada. De ante, de pel, de raso, estampadas ou metalizadas… combinan á perfección tanto con saias como con pantalóns, son cómodas e marcas como Parfois, Zara, Stradivarius ou Pull&Bear xa as inclúen nas súas novas coleccións. A que esperas para mercar  un par?

Street style / Sincerely Jules / Street style.

Volantes

Se durante 2016 reinaban en camisas e vestidos, en 2017 viñeron para quedar aderezando saias e pantalóns na primavera e no verán. E é que o volume que proporcionan os volantes dá un toque sofisticado a calquera peza, por iso xa inundan os catálogos de nova colección. Pasen e vexan!

Lady Addict /My Peeptoes /Lauren Santo Domingo.

Coma se de emular a flamenca de Whatsapp tratásese, este ano, os volantes en saias caen en vertical e de forma asimétrica. En pantalóns hai variedade para todos os gustos, desde a opción máis esaxerada á máis sutil, como a que loce a actriz e blogger Paula Echevarría.

Street style / Paula Echevarría / Lady Addict. 

Rosa+Vermello

O comezo da primavera é indiscutiblemente sinónimo da chegada da cor ao noso armario. Esta tempada, ademais do famoso verde Greenery, a cor do ano segundo Pantone, serán rosa e vermello quen dominen a paleta de cores, pero non por separado, se non que irán da man para crear unha combinación que emana vitalidade e forza. Aínda que historicamente catalogábanse como dúas cores opostas, a suma de rosa+vermello cada vez cobra máis protagonismo. Se non te atreves coa versión máis extrema, aposta por tonalidades máis claras para suavizar o look como fai Julie Engel, do blog Gal Meets Glam.

Gal Meets Glam / Street style / Con dos tacones.

Estampado Vichí

Un clásico entre os clásicos que volve cada certo tempo para alagar os nosos estilismos de frescura en todo tipo de tonalidades, aínda que este ano predomina na súa versión máis escura. Tras o éxito de vendas da famosa saia de cadros de Zara, todo facía prever que o gingham, ou como se refiren a este estampado no universo fashionista, había vindo para quedar. Pantalóns, camisas, saias, vestidos, gabardinas, chaquetas…Se queres darlle un toque de graza ás túas estilismos, nas coleccións de primavera atoparás vichí en case calquera formato.

Street style /Collage Vintage/ Olivia Palermo. 

Superposición de pezas

Camisas por baixo de tops, vestidos por enriba de pantalóns, cazadoras por baixo de abrigos… A orde dos factores non altera o produto porque esta primavera o que manda é a superposición de pezas, que xa viña pisando forte durante o pasado ano coa combinación de camiseta e vestido de tiras, unha das principais tendencias de 2016. É ideal para os días de entretempo e para dar saída a pezas estivais canto aínda non fai calor.

Dulceida /Kendall Jenner / Collage Vintage.