🌿 Súmate ao World Cleanup Day con As Cancelas e AMABUL

Este World Cleanup Day queremos pasar á acción e poñer o noso gran de area para coidar do noso contorno. Por iso, desde As Cancelas, en colaboración con AMABUL, sumámonos a esta iniciativa cunha xornada de limpeza de residuos no río Merín, na que pode participar calquera persoa.
Unha tarde para gozar da natureza, coñecer o noso contorno e, sobre todo, axudar a mantelo limpo e protexido.
📅 Data: Venres 18 de setembro
🕔 Horario: De 17:00 a 19:00 h
📍 Lugar: Campo da Festa de San Mamede de Ribadulla (Vedra)
Apúntaste?
A participación é gratuíta, pero é necesario realizar unha inscrición previa.
