Únete á campaña de doazón de sangue “Un alento de vida”!
En As Cancelas unímonos a ADOS por unha causa benéfica 🩸 Únete a nós tamén!

O 16 de xullo, volvemos colaborar coa Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) cunha unidade móbil de doazón de sangue diante da nosa entrada principal. 💙
📍 Horario: de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00.
Se tes máis de 18 anos, pesas máis de 50 kg e non tes nin tiveste nunca enfermidades transmitidas polo sangue, podes unirte a esta iniciativa benéfica. 🙌
Doar sangue é un pequeno xesto que pode salvar vidas. Agardamos verte en As Cancelas! ❤️
