Obxectivo rebaixas: tendencias de 2016 que se manteñen en 2017
O Nadal chega ao seu fin e da paso ás tan esperadas por moitos rebaixas de inverno, que aínda que oficialmente comecen o 7 de xaneiro, cada vez máis operadores adiantan a súa data de inicio para aproveitar o tirón dos agasallos de Reis. Hoxe no blog de As Cancelas facemos un repaso das principais tendencias de 2016 que quedarán connosco tamén en 2017, para que optimices as túas compras de saldos o máximo posible. Que comecen os descontos!
Chaquetas bomber: vistas ata a saciedade en influencers e bloggers de todo o mundo durante o pasado ano, seguen inundando as tendas, chegando a ter nalgunhas ata a súa sección propia. Se aínda non tes a túa, non dubides en facerte con unha estas rebaixas, porque ademais poderás poñela durante todo o ano. Aposta polas de cores neutros con apliques ou bordados.
Lovely Pepa / Olivia Palermo / Gigi Hadid.
Bordados de flores: sobre encaixe, denim, algodón… O bordado veu para quedarse adornando con flores e dándolle cor a todo tipo de pezas e tecidos. Chaquetas, pantalóns, camisas, saias, vestidos e ata complementos se reinventan con esta técnica milenaria aportándolles un colorido toque floral. E o mellor de todo é que che quedarán ideal tanto na primavera como no verán, polo que merece a pena dedicar parte do noso orzamento de rebaixas a unha peza con bordado.
My Peeptoes / My Peeptoes / All that she wants.
Terciopelo: foi o tecido por excelencia do 2016. Cálido, elegante e sofisticado, converteuse no cabalo ganador dos estilismos de Nadal, tanto de noite como de día. E aínda que parecía que se trataba dunha moda pasaxeira, o certo é que seguirá pisando forte durante a primavera e o outono-inverno que vén. Se non te atreves cunha peza de roupa, aposta por introducilo en zapatos e complementos. Éxito asegurado!
Trendy Taste / Collage Vintage / Lady Addict.
Botas over the knee: ou o que é o mesmo, botas de estilo mosqueteiro. Levaban un par de anos asomándose entre as tendencias de cada tempada, pero foi en 2016 cando se consolidaron por completo nos nosos armarios. Combinadas cun mini vestido, producen un efecto alargador das pernas que resulta moi favorecedor, aínda que tamén fan bo equipo cos jeans skinny. Para as que non soporten as medias, son o calzado ideal para levar con saias e vestidos.
Paula Echevarría / Olivia Palermo / Miranda Kerr.
Mangas campá: a tendencia de engadir volume ás mangas das nosas camisas e vestidos, tamén coñecida como flared, aporta un toque de feminidad en pezas que a primeira vista poden parecer máis básicas. Arrasou en 2016, e quedarase connosco polo menos un ano máis engadindo sofisticación aos nosos estilismos co seu xogo de volumes e volatilidade. Sacarache de máis dun apuro cando o dress code sexa arranxado pero informal.