Sorteamos 3 entradas dobres + menú especial para Dune II!

O próximo 1 de marzo chega ás salas de Cinesa As Cancelas a secuela mais esperada da tempada: Dune II! Se queres saber como continua a aventura de Paul Atreides mentres busca vinganza contra os conspiradores que destruíron á súa familia, nunha nova entrega cuns protagonistas de altura: Timothée Chalamet, Austin Butler, Zendaya, Florence Pugh… este é o teu momento, porque ademais… sorteamos 3 entradas dobres co menú especial da película!
Soa a planazo verdade? Se queres ser un dos tres afortunados, participa seguindo estes pasos:
Requisitos para participar na promoción en Facebook:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
- Compartir a publicación.
Requisitos para participar na promoción en Instagram:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Instagram.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
- Compartir a publicación en Instagram Stories.
Non te esquezas! O prazo para participar termina o xoves 29 de febreiro, e, se queres duplicar as túas posibilidades de gañar, participa desde ambas as redes sociais!
Gañadores
- Rosa Belen Torres Pardal (Facebook).
- @martavazquezsanchez (Instagram).
- @soymarydenoia78 (Instagram).
