Inxección musical en forma de camiseta
Desde hai uns anos, a industria da moda rende homenaxe a esas bandas que marcaron historia. Esta é unha tendencia que se repite tempada tras tempada desde hai xa algún tempo.
Lemos enS Moda que en 2012 as camisetas dos Ramones eran máis populares que a súa propia música, tanto que moitos mozos acudían ás superficies comerciais preguntado polas pezas de ?esa nova marca chamada Ramones?.
En xaneiro, fai tan só tres meses, David Bowie despedíase deixando ás súas costas 25 discos, o último publicado uns días antes da súa morte. Esta estrela do rock saltaba á fama a finais do 60s. En 1969 o seu sinxelo ?Space Oddity? estaba na fala da xente ao rozar o top das listas británicas. Co paso do tempo, a súa música calaba en varias xeracións. E agora as marcas envórcanse en que a súa figura permaneza viva, deseñando pezas onde se imprime ou borda o nome do artista.
Esta é sen dúbida a tempada de Bowie, pero non é exclusiva. O cantante comparte espazo con outras grandes bandas e músicos. AC/DC, Guns and Roses, Led Zappelin, Mick Jagger, Jonh Lennon ou Bob Marley forman o cartel musical en tendas como Zara, Lefties, Pull and Bear, H&M, etc. Así que se hai fans dalgún destes grupos musicais botádelle un ollo a esta selección de camisetas porque estamos seguro que vos van a gustar.
Pull&Bear | Zara | Zara | Pull&Bear
Pull&Bear | Lefties | H&M | H&M