Coñeces todo o que o Tofu fai por ti?
Tofu é a palabra xaponesa que designa ao queixo de soia. Efectivamente, entre os múltiples derivado que ten a soia atópase o tofu. Na cociña do país nipón é un dos ingredientes fundamentais, existen incontables formas de preparación. O tofu obtense do leite de soia callada e á hora de compralo é recomendable que escollamos algún dos que se comercializan de cultivo ecolóxico. Precisamente en Carrefour poderás atopar un tofu con sésamo de orixe ecolóxica con selo de certifiación da Unión Europea, ademais está moi ben de prezo.
O tofu é unha alimento que coida o noso corazón. Presenta unha ausencia total de colesterol e as súas graxas son insaturadas. Ten unha importante presenza de vitamina E e de lecitina, polo que é un alimento adecuado para convatir o colesterol.
Os nosos ósos máis fortes. O tofu é un alimento rico en calcio, mesmo cun contido superior ao do leite de vaca. Por tanto, é un ingrediente que é perfecto para os menús dos pequenos da casa e dos maiores, xa que ambos necesitan unha achega de calcio maior.
O complemento ideal da dieta dos novos estudantes. A achega de ferro e fósforo é realmente moi apropiado para quen está estudando. Por unha banda, o ferro do tofu é de fácil asimilación e prevén a anemia ferropénica. Por outra banda, o fósforo é un dos elementos que axudan a que a memoria estea sempre a punto.
Sen dúbida, o tofu é un alimento para ter en conta. Se te animas a probalo, propoñémosche que empezos por engadilo á túa ensalada, verás que coidarse é moi fácil.