Celebramos por todo o alto o San Valentín máis doce!
Chocolate is my valentine! En As Cancelas tiramos a casa pola ventá para celebrar o Día dos Namorados por todo o alto: repartindo os agasallos máis doces entre os nosos clientes.
Do 7 ao 14 de febreiro, participa no noso xogo online e podrás entrar no sorteo do teu peso en chocolate, un premio do que gozar en parella, familia ou amigos… durante semanas! Só tes que enlazar correctamente as seis parellas que son un auténtico match a través da ligazón que atoparás ao final desta páxina. Non esquezas encher o formulario de rexistro cos teus datos. Precisarémolos para contactarche no caso de que resultes gañador.
Ademais, os días 11, 12 e 14 de febreiro presenta os teus tickets de compra de 30€ ou máis no Punto de Atención ao Cliente, en horario de 10:30 a 20:45h, e leva gratis, e ata fin de existencias, unha deliciosa caixa de chocolates. E iso non é todo, porque entre todas as persoas que presenten os seus tickets de compra, sorteamos tres escapadas románticas para gozar en parella, unha por cada día de duración da campaña.
Non perdas o San Valentín máis doce!