Que a forza che acompañe!
O fenómeno Star Wars xerou un fenómeno fan global, entregado e disposto a vivir a lume de biqueira o seu compromiso coa saga das galaxias. Un dos mellores exemplos é a Tropa Korriban, a asociación galega que suma cada ano máis integrantes e que perfecciona cada vez máis as súas intervencións. O 7 de abril, os seus soldados do imperio visitarán As Cancelas de 18:00 a 21:00 horas e traerán consigo algún personaxe sorpresa para que os visitantes do centro comercial poidan facerse fotos e gozar das súas perfectas caracterizaciones. Se ti tamén es fan da saga, non o podes perder!