Sorteamos 1 lote de cocido para facer na casa
Este ano non gozaremos das festas de disfraces, dos desfiles de comparsas ou do enterro da sardiña, pero iso non significa que non poidamos vivir o Entroido na casa, ou polo menos a súa parte máis saborosa. Quen se apunta a un bo cocido esta fin de semana? Se queres que che enviemos todo o necesario para preparalo, participa no noso sorteo seguindo os seguintes pasos:
Para participar en Facebook:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
- Compartir a publicación do sorteo.
Para participar en Instagram:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Instagram.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Podes participar ata o vindeiro mércores 10 de febreiro, e se queres ter máis posibilidades de gañar, faino desde as dúas redes sociais!
O envío do premio queda limitado á provincia de A Coruña.