Gran Gala Xeración As Cancelas
O vindeiro sábado 30 de abril, na segunda planta do Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela, imos celebrar a Gran Gala Xeración As Cancelas ao grande.
A gran gala da moda para elixir aos gañadores do concurso “Xeración As Cancelas” contará coa coñecida presentadora Ivonne Reyes como condutora do evento. A guapa venezolana, acompañada do DJ e presentador da cadea 40 Principales Paulo Regueiro, animará a pasarela final na que, o vindeiro sábado día 30, a partir das 20.00 horas, desfilarán os 40 finalistas elixidos tras un casting inicial de máis de 1.000 persoas. Os gañadores serán a imaxe publicitaria da Fashion Night de As Cancelas, o grande evento da moda e as tendencias que o centro comercial líder de Santiago e a súa área metropolitana celebrará en outubro deste ano.
Ademais, os gañadores obterán un curso de modelo profesional na axencia Luena, a oportunidade de realizar un book fotográfico coa axencia Filmate e un vale de 200 euros para compras no centro comercial.
Un xurado profesional de seis membros, presidido polo director de castings do Madrid Fashion Show e no que haberá un representante de As Cancelas e expertos do mundo da moda e a imaxe, elixirán aos 20 finalistas que pasarán á segunda fase da que sairán os dous gañadores.
Haberá un primeiro desfile no que os 40 finalistas lucirán roupa casual, traxe de baño e roupa de verán. Só 20 dos finalistas pasarán á segunda fase, na que desfilarán de novo con roupa máis formal. Marcas de primeira fila, como Adidas, Amichi, Paco Martínez, Calzedonia, Carrefour, Codigo Denim, Cortefiel, El Nonno, Spirit, Intimissimi, Vogue LV, Opticalia, Deichmann, Geox, Krack, Sport Zone, Merkal, Tino González, Stradivarius, C&A, Primark e Benetton colaboran cedendo pezas, calzado e accesorios para a gran gala de As Cancelas.
A gala estará chea de música e sorpresas para os asistentes. O grupo de pop electrolatino La Ricura presentará dúas cancións do seu novo traballo. Tamén haberá actuacións de danza a cargo de Sons, campións de España da modalidade de 10 bailes; unha exhibición de danza do ventre con Angelina Oriental e unha actuación folclórica de La Troupe. Toda a gala estará amenizada polo DJ Tales & Cuales, que actúa nos mellores locais de moda de Santiago.
Ademais, durante a deliberación do xurado realizarase o sorteo entre todos os participantes no casting dun vale de 200 euros para gastar en calquera das tendas do centro comercial.
El xurado entregará tamén 12 accésits:
- Primeiros finalistas. A firma de calzado Krack regalará uns zapatos a cada un.
- Mellores sorrisos: Dous branqueamentos dentais na clínica do Dr. Juan Carlos Pérez Varela.
- Premios á simpatía. Dous perfumes achegados por Superperfumerías.
- Premios á elegancia. Dúas maletas achegadas por Paco Martínez.
- Premios á fotoxenia. Dous polos da firma Valecuatro achegados por El Nonno.
- Accésit aos máis votados en redes sociais. Ambos obterán un vale de 75 euros para gastar en Vogue LV e outro de 100 euros para utilizar en Primark.
Outras firmas que aportarán agasallos para os finalistas serán:
– Premio Calzedonia, un bikini para moza.
– Premio Air Hostess e a Quintana, 1 curso de inglés.
– Premio Dom Peluqueros, un premio de 5 bonos de corte de pelo.
– Premio Seijas, un par de zapatos.