Un ano máis, As Cancelas coas festas do Apóstolo
O centro comercial As Cancelas patrocina, por cuarto ano consecutivo, a Xornada de Folclore Galego que se celebrará na Praza da Quintana durante as festas do Apóstolo 2016. Este grande encontro entre os grupos máis representativos da danza e a música tradicional galega celébrase desde fai máis de 30 anos e é unha das actividades centrais da semana grande das festas de Santiago.
En As Cancelas estamos orgullosos de contribuír á cultura e ás tradicións galegas e animamos aos nosos visitantes e amigos a gozar das festas deste ano 2016.