Acollemos a exposición ‘A lembranza das raíces’!
O día máis importante para todos os galegos e galegas está máis preto que nunca e en As Cancelas continuamos celebrando a nosa cultura como debe ser: ao grande!
Por iso, e para render homenaxe a un dos aspectos chave da nosa herdanza cultural, acollemos a fantástica exposición ‘A lembranza das raíces‘, unha viaxe polo patrimonio dancístico de Galicia a través dun elemento chave: os traxes rexionais. Desde o venres 13 e ata o luns 30 de maio, poderedes achegarvos a esta brillante exposición na que se fai un repaso dos distintos traxes tradicionais dos diferentes puntos de Galicia que se exhibirán en 9 maniquíes e 46 bonecas de porcelana, ademais de amosar roupas e xoias antigas con orixe galega.
Vala perder?