Primavera, cambia de look!
Chega a hora de darlle un aire novo á túa melena. A primavera é a época das reestreas; así que se buscas un cambio de look, este é o mellor momento para lanzarte e seguir as tendencias en cortes de pelo que predominarán este verán.
Natural e movemento son os conceptos nos que se inspiraron aos perruqueiros para determinar a nova estética da tempada.
A melena é ese clásico que non pasa de moda, pero se queres estar á última, córtacha! En Telva dannos todos os detalles para que definas o teu look de primavera/verán. Toma nota porque na rúa triunfarán os pixies máis longos por diante que por detrás, o long bob XL á altura da clavícula, as capas e os rizos ao vento, os flequillos e as melenas ao máis puro estilo anos 70?Por que corte look apostarías ti?
Se queres cambiar, pero sen arriscar demasiado, os expertos afirman que long bob é un corte que favorece a todo o mundo. Se polo contrario o teu son os extremos, deberías saber que o pelo rapado foi toda unha aposta nas pasarelas este ano atreveríasche?
Este verán os flequillos tamén estarán moi presentes: longos abertos ao centro, rectos, tupidos, etc. As capas infinitas serán un must en todos os longos e o tupé renacerá con forza.
Agora xa coñeces cales son as tendencias. É o momento de pedir opinión ao teu perruqueiro e lucir, canto antes, un novo look.