Operación Entroido: faite co mellor disfrace
Chega unha das festas máis populares do ano cargada de disfraces, máscaras, maquillaxe, perrucas, e sobre todo moita diversión. Preparados para gozar do Entroido? A estas alturas, o que máis e o que menos xa baralla algunhas ideas de como caracterizarse para causar sensación durante a última fin de semana de febreiro, pero se necesitas inspiración, hoxe no blog de As Cancelas traémosche unha selección de disfraces cos que arrasar. Toma nota!
https://www.youtube.com/watch?v=OPkEC87TM1I
Empezamos polos máis pequenos da casa, que están especialmente adorables nestas datas. En versión mini de calquera animal, profesión, personaxe de fantasía ou peza de comida farán que a todos os papás cáiaselles a baba. En Party Fiesta, Carrefour e Imaginarium atoparás unha chea de opcións entre as que escoller, como esta versión diminuta de superheroes. Están para comelos!
Disfrace superheroe neno (Imaginarium), disfrace pirata (Imaginarium), disfrace superheroína nena (Imaginarium).
Se se che dá ben o DIY (Do It Yourself), na canle de Youtube de Imaginarium atoparás sinxelos tutoriales como este, para facer un disfrace de nube para bebé. É unha magnífica opción para non repetir vestimenta se os peques van acudir a varias festas de Entroido.
https://www.youtube.com/watch?v=_Ny_aDnKlZs
Os disfraces dos seus personaxes favoritos de series e películas son unha aposta segura para os maiores de 3 anos, que xa gozan das aventuras da Patrulla Canina, Doutora Xoguetes, Super Wings, Transformers, Frozen ou Buscando a Dory. En Party Fiesta dispoñen dunha ampla gama de disfraces de licenzas entre os que se atopan os debuxos máis famosos do momento.
Disfrace Patrulla Canina (Party Fiesta), disfrace Doutora Xoguetes (Party Fiesta), disfrace Spiderman (H&M), disfrace Patrulla Canina.
Aínda que os clásicos de sempre tamén son un éxito asegurado. Princesas, piratas, astronautas, exploradores… En H&M contan cunha selección de disfraces e accesorios de entroido que farán as delicias dos reis da casa. Mesmo dispoñen dun bolsiño a xogo con varios modelos para as máis fachendosas..
Imaxe: H&M
Para os papás e as mamás máis animados recomendamos botar unha ollada ás numerosas propostas de disfraces para ir a xogo cos nenos que hai en Party Fiesta. Pasarédesvolo en grande compartindo disfrace!
https://www.youtube.com/watch?v=8jBd-rGZrsI
Dentro dos disfraces de adulto, ademais dos clásicos de toda a vida, os de obxectos divertidos e comida cada vez gañan máis terreo. Quen non se atopou nalgunha festa a unha apetitosa hamburguesa, un gracioso hot dog ou un xenial ovo frito? Simplemente fantásticos!
Disfrace hot dog (Party Fiesta), disfrace ovo frito (Party Fiesta), disfrace botella tequila (Party Fiesta).
Co disfrace xa elixido, convidámosvos a gozar de todas as actividades que temos preparadas a partires do venres 24 de febreiro. Obradoiros de maquillaxe, clases de baile, maxia, teatro infantil e un gran concurso de disfraces con fantásticos premios. Agardámosvos!