Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles

Que lentes me sentan mellor segundo a forma da miña cara?

Esta é a eterna pregunta que se fai a maior parte da xente cando toca enfrontarse ao espello para comprar unhas lentes novas, algo que pode converterse en todo un reto senón coñecemos que funciona mellor coa forma da nosa cara. E é que son moitos os factores que inflúen en que un modelo de monturas determinado te favoreza ou non, como o tamaño do nariz, o ancho da fronte, a redondez das fazulas ou a elevación dos pómulos. Hoxe no blog de As Cancelas recomendámosche os modelos de lentes que mellor che sentan en función das características do teu rostro.

Rostro cadrado

Caracterízase por unhas liñas angulares moi marcadas debido a que a fronte, os pómulos e a mandíbula presentan o mesmo ancho. Os modelos que mellor se adaptan a este tipo de fisionomía son as lentes con monturas ovaladas (tipo aviador) ou lixeiramente redondeadas (tipo ollo de gato) e preferiblemente un pouco máis anchas que o rostro, xa que suavizan a forma da cara e alóngana levemente. Tenta evitar as formas rectas de monturas rectangulares para non engadir máis xeometría ás túas faccións.

 

Rostro redondo

É o máis sinxelo de identificar polas súas faccións redondeadas. Favorécenlle as formas cadradas e xeométricas, como as monturas tipo “wayfarer”, que polo seu carácter anguloso tenden a acentuar e a alongar os trazos faciais. Busca modelos estreitos con liñas horizontais ou rectangulares, que non engadan máis redondez á cara e deseños que acheguen volume á zona dos pómulos. Foxe das formas redondas que achatan o rostro.

 

Rostro oval

Cuns trazos equilibrados e o queixo sutilmente máis estreito que a fronte, considérase o tipo de rostro ideal xa que lle sentan ben gran parte dos modelos de monturas. Se estás dentro deste grupo, aposta polas formas cadradas, rectangulares e xeométricas, que engaden ángulos ás siluetas curvadas, pero sempre cun tamaño proporcional ao do rostro para harmonizar as faccións. Aproveita este beneficio e proba diferentes estilos.

 

Rostro corazón

Este tipo de rostro é máis ancho na fronte que nas fazulas e vaise afinando ata terminar nun queixo moi estreito. Para suavizalo, equilibralo e conseguir un efecto alongador debes elixir unha montura que non exceda a tempa, como as de forma ascendente tipo ollo de gato. Se as lentes exceden o ancho das tempas, a diferenza de tamaño entre a parte superior e inferior do rostro acentúase.

 

Rostro alongado

Trátase do tipo de rostro que presenta máis distancia entre a fronte e o queixo. Para lograr un efecto que acurte esta distancia e que equilibre as faccións, o ideal é optar por monturas rectas ou cadradas e de tamaño grande, deixando de lado os deseños de formas redondeadas. Elixindo modelos máis amplos que cubran bastante superficie da cara, conseguiremos crear o efecto visual dun rostro máis achatado.

Ademais da fisionomía das túas faccións, existen outros factores que tamén inflúen na elección das lentes perfectas, como a cor de ollos, de pel, de pelo ou o tamaño do teu corpo. Se aínda tes dúbidas sobre cales son os modelos que máis che favorecen, os especialistas de Óptica Val, Alain Affelou e Opticalia Casa de los Lentes asesoraranche para axudarche na túa decisión.