Persoal en Muerde La Pasta

Muerde La Pasta está a buscar persoal para o seu local en As Cancelas con incorporación inmediata ao seu equipo, un contrato partial en quendas rotativas e xornada partida de 20 a 30h semanais.
Axudante de cociña
Imprescindible ter formación en hostalaría, certificado de manipulación de alimentos e experiencia de 1 a 3 anos.
Funcións:
- Elaboración de pratos da partida a que se lle asigne.
Axudante de sala
Pídese experiencia de 1 a 3 anos, Certificado de Manipulación de Alimentos e formación en hostalaría. Buscan un perfil organizado e dinámico, con don de xentes e capacidade alta de traballo en equipo.
Funcións:
- Recollida e limpeza de mesas.
- Reposición de produtos da sala.
- Mantemento e limpeza da sala e baños.
- Manexo de TPV.
Para aplicar ás vacantes, deixa o teu CV na súa páxina web.