Plans con nenos en Santiago de Compostela: The Celi Show

Esta fin de semana non te perdas o Gran Show de Celi! Coma sempre, todos os venres e sábados ás 19.00 horas, tes unha cita en El Show de Celi para gozar en familia das mellores actuacións e espectáculos. Maxia, contacontos, pallasos, concertos… ¿podes pedir máis?
Consulta toda a programación de actividades:
Venres 22 de novembro
- Pyter o pallaso
Sábado 23 de novembro
- Concerto musical de Fran Amil – “Chuches a mil”
Venres 29 de novembro
- Anímate co mago Jorge
