O Sports & Business Forum reunirá en As Cancelas a Borja Golán, Edurne Pasabán e Toni Nadal.
Non o perdas!
O 23 de maio asiste ao Sports & Business Forum, un evento solidario que reunirá a tres lendas do deporte nacional como Borja Golán, Edurne Pasabán e Toni Nadal. O acto terá lugar na Sala Cinesa Isense das Cancelas a partir das 19.00 horas.
Onde podes mercar as entradas?
Na web do Foro Deporte & Empresa por un prezo de 6,00 euros.
Os beneficios da venda de entradas irán destinados integramente á Asociación Compostela de Esclerose Múltiple (ACEM).
Que temas se abordarán durante a xornada?
Borja Golán, considerado o mellor xogador español de squash; Edurne Pasabán, alpinista e primeira muller en completar o ascenso dos 14 oitomil terrestres; e Toni Nadal, ex adestrador do tenista Rafa Nadal, compartirán as súas respectivas experiencias como profesionais do deporte de elite, facendo fincapé na súa transición ao mundo empresarial.
Ademais, abordaranse aspectos relacionados co sacrificio, a disciplina, o traballo en equipo, a evolución das tecnoloxías no deporte de elite e como todos estes valores e necesidades poden ser aplicados ao mundo corporativo.
Agardaremos por ti!